miércoles, 1 de marzo de 2017

TEMA 5 A XEOGRAFÍA DOS SERVIZOS / TEMA 6 A ECONOMÍA ESPAÑOLA

1. Que podes dicir sobre o feito e aprendido nas unidades 5 e 6?

En canto ó tema 5 aprendín que o sector terciario aumentou moito nas últimas décadas sobre todo nas sociedades postindustriais e que estas dependen dunha serie de factores.  A terciarización é moi diferente dependendo das rexións. 
Existen diferentes clasificacións e localizacións de servizos dependendo das actividades que se leven a cabo. 
As diferentes características do comercio que pode ser polo miúdo e atoparse tanto nunha pequena vila como nunha gran cidade. 
Tamén estudei os diferentes tipos de transporte ao longo da historia e as etapas nas que se divide. 
O turismo é unha parte esencial da nosa economía porque proporciona un 12% dos postos de traballo e da riqueza nacional. É un factor moi importante, aínda que ten factores positivos e negativos. O turismo divídese en catro destinos (de sol e praia, de montaña, urbano e rural) dependendo dos gustos do consumidor.

No que se refire ao tema 6, aprendín moitos datos relacionados co noso país, como a integración de España á UE no ano 1986. 
O desequilibrio dos sectores é algo moi importante porque o sector servizos é o que máis riqueza e emprego xera ao país a diferenza dos sectores da industria e da agricultura.
O sector primario era moi abundante nun primeiro momento, pero desde mediados do século XX decaeu. Este divídese en tres ramas que son a agricultura, a gandaría e a pesca. 
Por outra banda, tamén estudei a importancia da construción sobre todo no noso país. Na expansión da nosa economía representaba máis do dobre por cento da porcentaxe pero no 2008 sufriu unha forte crise.
Tamén aprendín as diferentes áreas de localización industrial.

2. Como o fixeches? 

Mediante a realización de exercicios diarios e traballos, como por exemplo os termos centrais de cada unidade que dita a profesora na clase e que temos que buscar para poder definilas. Tamén fixemos esquemas, que me axudan moito á hora de preparar os exames.
Nas datas máis próximas aos exames estudei os temas adicándolle bastante tempo cada día. 

3. Que dificultades tiveches?

Resultoume un tema bastante aburrido e un pouco pesado o que supuxo que tardase máis tempo que con outros para estudalo, supoño que tamén inflúe os gustos persoais de cada un.

4. Para que crees que serve o aprendido sobre a xeografía dos servizos e sobre a economía española?

Serve para moitas cousas fundamentalmente para cando tes un traballo, saber cales son as túas condicións laborais e os dereitos que cada traballador pode ter;  localizar e entender os diferentes sectores da nosa cidade e en xeral, do noso país; comprender tamén como funciona a economía; o turismo, saber que ten un papel fundamental na nosa economía, é unha das principais fonte de sustento dun país, etc.

5. En que outras ocasións pensas que podes empregalo?

Valorando o estado de desenvolvemento de cada sector, podemos decidir que rama laboral vamos seguir. Por exemplo, para crear unha empresa, cómpre atender a que sector está mellor económicamente, e a partir deste dato podemos elixir un tipo de mercado ou outro. 


DIFICULTADES Á HORA DE REALIZAR O FOLLETO TURÍSTICO:

A maior dificultade que tiven foi á hora de redactar os pequenos textos que acompañan a cada imaxe e intentar dicir en poucas palabras algo que chamase a atención e que lle gustara as persoas para que podan visitar as zonas seleccionadas en dito folleto.






lunes, 17 de octubre de 2016

 María López                      
              Espacio e Sociedade (Tema 1)
Portfolio:

- Que aprendiches neste tema que non sabías?
Aprendín cales son os ámbitos de estudo da xeografía e non estaba ó tanto de quen era o xeógrafo Humbolt. Non coñecía a verdadeira historia dos mapas actuais e tampouco sabía quen eran os seus creadores, Peters e Mercator.

- Que aspectos que aprendiches da xeografía poden ser útiles para a túa vida?
O máis importante é aprender a ubicarse e saber onde se atopa un lugar cada vez que cho mencionen por exemplo. Tamén é importante coñecer a diferencia existente entre os tres aspectos da xeografía: física, humana e rexional.



miércoles, 12 de octubre de 2016

María López

                                                             
  
Me llamo María, tengo 14 años y curso 3º de la E.S.O en  el colegio PP. Escolapios. Mis aficiones son muchas pero entre ellas la que más me gusta es documentarme sobre historia. Me encanta ver películas históricas y leer libros que puedan enseñarme algo acerca de las costumbres y de la cultura de otros lugares del mundo.
También dedico una parte importante de mi tiempo a hacer deporte. Lo que más me divierte, si lo consideramos un deporte en sí mismo, es bailar. 
La naturaleza es otra de mis grandes pasiones, incluyendo en ella los animales. Me fascina aprender cosas sobre cualquier especie de la naturaleza y observar lo que hacen. De hecho, tengo dos perros y siempre que estoy en casa juego con ellos y los contemplo.